PROGRAMA INICIATIC: ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA E CIBERSEGURIDADE
No marco do convenio de colaboración subscrito entre o Concello de Sada e a Fundación Cibervoluntarios para o desenvolvemento de programas, proxectos e actividades, tanto presenciais como on-line, que teñan por obxecto impulsar a transformación dixital a nível persoal, social, laboral e cultural; promover entre a cidadanía o uso de ferramentas tecnolóxicas para fomentar a súa participación na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible; fomentar o emprendemento social e o voluntariado tecnolóxico; así como apoiar a consecución dos obxectivos compartidos entre ambas as organizacións.
A Concellería de Benestar Social e Igualdade e Emprego do Concello de Sada, a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) colabora coa Fundación Cibervoluntarios na organización de distintas accións formativas no marco do proxecto IniciaTIC na aula CeMIT.
IniciaTIC impulsa a transformación dixital para PEMES, emprendedores e autónomos con cursos gratuítos. O obxectivo é que as persoas participantes aprendan a utilizar as ferramentas dixitais para impulsar o seu negocio.
A formación é presencial.
Obradoiro: Administración electrónica I y II, 18/06/2024 de 10:00 a 13:00 h.
Contidos:
I : DNIe, certificados electrónicos e sinatura electrónica
II : Sede electrónica, rexistro, notificacións e facturas electrónicas
Ciber: José Troca
Obradoiro: Ciberseguridade, 19/06/2024 de 10:00 a 11:30 h.
Contidos: Como protexerte en Internet
Ciber: Álvaro García Torres
Lugar: Aula CeMIT, Praza da Peixaría, 5
Prazas limitadas: 15
Máis información na AEDL ou no 620.765.150
Inscrición nesta LIGAZÓN
GRATUÍTA!