PROGRAMA EFECTO EMPREGA SADA
O Concello de Sada en colaboración coa Fundación Acción Contra a Fame está a realizar a captación de participantes para o programa Efecto Emprega Sada que se desenvove no segundo semestre de 2025, co obxectivo xeral de mellorar as posibilidades de inserción sociolaboral das persoas en risco de exclusión participantes xerando condicións para que desenvolvan o seu talento e iniciativa e poidan acceder ao mercado de traballo ou mellorar o seu posicionamento no mesmo.
Obxectivos específicos:
- Fomentar o desenvolvemento competencial, persoal e social, das participantes fortalecendo o autodescubrimento, autoestima e motivación, definindo os seus obxectivos e mobilizándose para acadalos.
- Mellorar as competencias para o emprego demandadas no mercado laboral para que se adapten aos perfís solicitados polas empresas.
- Sensibilizar da importancia do coidado da saúde física, mental, e promover a mellora da alimentación, hábitos de vida persoal e familiar, así como a adherencia a tratamentos pautados facultativamente, de ser o caso.
- Promover cambios actitudinais sobre igualdade de xénero no ámbito persoal, familiar e laboral.
- Implicar a axentes públicos e privados na inserción sociolaboral das persoas vulnerables.
Máis información e inscrición na súa Web ou no teléfono 682.700.162

