Obradoiro: ConTICgo Migrantes

Obradoiro: ConTICgo Migrantes

No marco do convenio de colaboración subscrito entre o Concello de Sada e a Fundación Cibervoluntarios  para o desenvolvemento de programas, proxectos e actividades, tanto presenciais como on-line, que teñan por obxecto impulsar a transformación dixital a nível persoal, social, laboral e cultural; promover entre a cidadanía o uso de ferramentas tecnolóxicas para fomentar a súa participación na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible; fomentar o emprendemento social e o voluntariado tecnolóxico; así como apoiar a consecución dos obxectivos compartidos entre ambas as organizacións.

A Concellería de Benestar Social e Igualdade e Emprego do Concello de Sada, a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) colabora coa Fundación Cibervoluntarios, co apoio do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, e do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, na organización do obradoiro:

ConTICgo Migrantes: Competencias TIC para a igualdade de trato de personas migrantes no entorno dixital

As redes sociais convertéronse nunha plataforma onde se difunden mensaxes que poden resultar ferintes ou humillantes para certos colectivos. É o que se denomina discurso do odio ou ciberodio, é dicir, difusión de ideas, lemas, actitudes, ou mesmo condutas, a través de internet que menosprezan e humillan a outros individuos. Estas condutas adoitan dirixirse a colectivos concretos e promoven, sobre todo, contidos intolerantes por motivo de raza, sexualidade ou relixión.

Estes talleres dunha hora de duración poñen de manifesto as consecuencias da expansión do discurso do odio na internet, e proporciónanlles ferramentas para identificalo, denuncialo e contribuír a frealo.

Pode ver o video do Programa

Día 19/12/2024 de 10:30 a 11:30 h.

Lugar: Aula CeMIT, Praza da Peixaría, 5
Prazas limitadas: 15

Voluntario: Pablo Fuentes Becerra

Máis información na AEDL ou no 620.765.150
Inscrición nesta LIGAZÓN
GRATUÍTO!

Compartir