FORMACIÓN EN COMPETENCIAS DIXITAIS: Creación de contidos dixitais
A Concellería de Benestar Social e Igualdade e Emprego do Concello de Sada, a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) colabora na organización do Programa formativo en Competencias Dixitais, Dixigalízate, que está promovido pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Traballo e Economía Social dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Para poder participar dalgunha das formacións do Programa é necesario estar rexistrado/a en EmpregoGalicia como demandante de emprego ben como persoa desempregada, ou en mellora de emprego como persoa ocupada.
As persoas participantes que completen o itinerario recibirán un computador portátil de agasallo, a participación é gratuíta e ao finalizar contarase cunha titulación homologada pola Xunta de Galicia.
O Programa consta de 3 niveis ou itinerarios con 5 módulos cada un. Para este primeiro itinerario, de carácter básico non fan falta estudos, comezando no primeiro pódese acceder ao segundo itinerario e ao terceiro.
O cronograma das competencias de nivel básico desenvolverase do 9 de xaneiro ata o 21 de marzo de 2025 cos seguintes módulos:
Código |
Denominación |
Data inicio |
Data Fin |
FCOI10 |
Procura e xestión da información dixital |
09/01/2025 |
23/01/2025 |
FCOI15 |
Creación de contidos dixitais |
24/01/2025 |
06/02/2025 |
FCOI18 |
Comunicación e colaboración con ferramentas dixitais |
07/02/2025 |
20/02/2025 |
FCOI21 |
Resolución de problemas no entorno dixital |
21/02/2025 |
08/03/2025 |
FCOI24 |
Seguridade e civismo no entorno dixital |
10/03/2025 |
21/03/2025 |
As clases terán lugar de luns a venres en horario de 9:00 h. a 14:00 h. nas instalacións da Casa do Pobo de Carnoedo, Lg. Taibó, 8 - Carnoedo.
As personas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición en https://dixigalizate.com/ e obtener máis información na Axencia de Emprego e Desenvolvemento local, no correo dixigalizate@araformacion.es e no teléfono 604 039 575 ou WhatsApp 620.765.150
Reunión informativa o 19/12/2024 ás 11:30 h. no Salón de Plenos do Concello de Sada, Avda. do Porto, 24 – 1º