Subvención MR708A - Proxectos de investimento en actividades non agrícolas
Agader a través do DOG publica o 29 de xaneiro de 2025 unha nova convocatoria de axudas dirixida á “ampliación e modernización de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias”.
O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes dende a data da publicación.
A convocatoria pode lela en: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250129/AnuncioO90-261224-0001_gl.pdf
A concesión de axudas será en concorrencia competitiva e os promotores en ningún caso poderán ter iniciados os investimentos antes da data da solicitude de axuda.
Persoas Beneficiarias:
1. As microempresas e pequenas empresas ubicadas en zona rural (Sada)
2. Persoas físicas que residan nunha zona rural (Sada)
Proxectos Subvencionables:
Os proxectos deben ter un orzamento elixible superior a 20.000 € e inferior a 250.000 €. No caso de proxectos promovidos no sector da artesanía, os límites anteriores quedan establecidos en 5.000 € e 100.000 € respectivamente.
Adquisición de bens de equipo co obxectivo de mellorar, ampliar e/ou modernizar pequenas empresas que desenvolven actividades produtivas non agrarias nos seguintes sectores e ámbitos de actividade:
1º) Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.
2º) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios.
Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 100.000 €.
3º) Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos agrícolas e forestais, e das empresas de servizos enerxéticos, así como das empresas que presten servicios nos sectores de hotelería (incluíndo todo tipo de empresas de aloxamento turístico), hostalería e restauración.
4º) Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas-escola...).
5º) Actividades de ocio, recreativas e deportivas
6º) Artesanía e actividades artesanais.
7º) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.
8º) Comercio polo miúdo
Gastos Subvencionables
Con carácter xeral, será subvencionable a compra de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios para desenvolvemento da actividade produtiva da empresa.
Importe da Axuda
45% dos gastos subvencionables
Para calquera dúbida os promotores poden pórse en contacto con Agader a través do enderezo electrónico: infoagader@xunta.gal
ou nos teléfonos: 981 547 369 - 981 540 140- 881 997 263