Sesión Informativa Inserta Empleo - Fundación Once
A Concellería de Benestar Social e Igualdade e Emprego do Concello de Sada, a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) colabora con Inserta Emprego na organización desta xornada na aula CeMIT de Sada.
Inserta emprego é unha entidade sen ánimo de lucro pertencente á Fundación ONCE, experta en intermediación laboral para persoas con discapacidade, polo que todos os servizos son gratuítos.
O obxectivo principal é a realización de programas formación e emprego para persoas con calquera tipo de discapacidade.
Os servizos que ofrecen para a integración de persoas con discapacidade son:
- Inserción laboral, tanto en Centros Especiais de Emprego como en Empresas Ordinarias.
- Formación gratuíta, presencial ou en liña (cursos propios e outros en colaboracións con Microsoft, Cisco, Azzure, Linkedin, etc). Imparten certificados de profesionalidade (son ademais Aliados Dixitais da Xunta de Galicia) en modo presencial e en liña. Todos os cursos de formación presenciais teñen unha bolsa mínima de asistencia de 11€ / día (pode ser superior nalgúns casos).
A información está dispoñible e actualizada no portal de emprego www.portalento.es
Ademais, a través dun programa operativo específico do FSE traballan coa mocidade, menores de 30 anos, inscritos no programa de garantía xuvenil, activándoos cara á procura de emprego e proporcionándolles as ferramentas e habilidades necesarias para a súa inserción no mercado laboral.
As persoas que vaian asistir intentarán levar esta documentación: DNI, Demanda de emprego e certificado de discapacidade ou tarxeta.