OBRADOIROS EU CONECTO_IMPULSO PROFESIONAL
No marco do convenio de colaboración subscrito entre o Concello de Sada e a Fundación Cibervoluntarios para o desenvolvemento de programas, proxectos e actividades, tanto presenciais como on-line, que teñan por obxecto impulsar a transformación dixital a nivel persoal, social, laboral e cultural; promover entre a cidadanía o uso de ferramentas tecnolóxicas para fomentar a súa participación na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible; fomentar o emprendemento social e o voluntariado tecnolóxico; así como apoiar a consecución dos obxectivos compartidos entre ambas as organizacións.
A Fundación Cibervoluntarios organiza distintos obradoiros "EU CONECTO" para o impuso profesional da cidadanía en colaboración coa Concellería de Benestar Social e Igualdade e Emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL).
Estas actuacións forman parte da iniciativa Xeración D impulsada por Red.es, Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, e están financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través dos fondos Next Generation da Unión Europea.
A formación é presencial de 09:00 a 14:00 h. Vanse impartir os seguintes talleres no mes de maio:
- O teu currículo dixital, 6 e 7
- Como buscar emprego no mundo dixital, 8 e 9
- Trámites dixitais e factura electrónica, 13 e 14
- Crea contido con Intelixencia Artificial, 15 e 16
Titoría: 1 hora cada día de 13:00 a 14:00 h.
Lugar: Aula CeMIT do Concello de Sada, Praza da Peixaría, 5
Prazas limitadas: 15
Prazo de inscrición ata o xoves 24 de abril
Inscrición nesta LIGAZÓN
Mais información na Axencia de emprego e desenvolvemento local (AEDL) ou no 620.765.150
GRATUÍTO!