FORMACIÓN DIXITAL
Formación Dixital é un programa formativo para obter a capacitación en competencias dixitais intermedias que a Xunta de Galicia ofrece á cidadanía.
· É totalmente gratuíto, 100% en liña e 100% titorizado.
· Pódese inscribir calquera persoa maior de 14 anos.
· Ten unha duración estándar de 8 semanas para facer ao seu ritmo.
· Ademáis é unha formación moi práctica, con vídeos, contido interactivo, sesión grupais de acompañamento e un tutor que leva o control da formación. O contido está en galego e castelán.
· Ao finalizar recibirá un diploma acreditativo da Xunta de Galicia.
E tamén ofrece a preparación necesaria para optar á ComDix.
Pode facer a inscrición nesta ligazón: https://formaciondixital.gal/gl/inscricion/
Se ten calquera dúbida: 681 053 179 info@formaciondixital.gal