OBRADOIRO CONECTADOS PARA +55
No marco do convenio de colaboración suscrito entre o Concello de Sada e a Fundación Cibervoluntarios para o desenvolvemento de programas, proxectos e actividades, tanto presenciais como on-line, que teñan por obxecto impulsar a transformación dixital a nível persoal, social, laboral e cultural; promover entre a cidadanía o uso de ferramentas tecnolóxicas para fomentar a súa participación na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible; fomentar o emprendemento social e o voluntariado tecnolóxico; así como apoiar a consecución dos obxectivos compartidos entre ambas organizacións.
A Concellería de benestar social e igualdade e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) colabora na organización do OBRADOIRO CONECTADOS na aula CeMIT, un programa realizado por Fundación Cibervoluntarios e a Fundación AEB da Asociación Española de Banca (AEB), co apoio do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030.
Conectados ofrece formación gratuíta para persoas maiores no uso das ferramentas dixitais de comunicación, lecer e trámites administrativos en dispositivos móbiles (smartphones e tablets). Ferramentas que facilitarán o día a día das persoas maiores para comunicarse, realizar xestións en liña e manterse activos grazas a aplicacións de lecer e entretemento.
O obradoiro gratuíto de 4 horas de duración está dividido en dúas sesións de 2 horas, nas que as persoas maiores aprenden a realizar videochamadas a través de WhatsApp e outras ferramentas de comunicación como Meet ou Zoom; xestionar as súas citas médicas en liña; obter o certificado dixital para facer trámites coa Administración por Internet; utilizar as aplicacións de saúde para xestionar as súas citas médicas, consultar o seu historial clínico ou a súa medicación, e coñecer outras aplicacións de lecer e entretemento para por exemplo, ler as noticias ou ver o seu programa favorito en directo.
Conectados tamén ofrece, nas súas formacións, consellos para que as persoas maiores poidan navegar con seguridade na Rede, protexer os seus datos persoais e xestionar a súa privacidade. O obxectivo é que as persoas maiores sentan coa confianza suficiente á hora de utilizar Internet para que, desta forma, poidan mellorar a súa autonomía persoal e ter un envellecemento activo e saudable.
Datas: 29 e 30 de abril de 10:00 a 12:00 h.
Lugar: Aula CeMIT Sada, Praza da Peixaría, 5
Prazas limitadas: 15
Máis información na Axencia de emprego e desenvolvmento local -AEDL- ou no 620.765.150
Inscrición neste ENLACE
GRATUITO