CURSO DE GALEGO NIVEL INICIACIÓN +45
A Concellería de benestar social e igualdade e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de emprego e desenvolvemento local (AEDL) colabora coa Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña na organización de formación dentro do Programa de empleo 45+, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Ministerio de Traballo e Economía Social e Cámaras de Comercio de España e da Coruña.
Dirixido a persoas que se atopen entre os 45 e 60 anos (inclusive) e que se atopen en situación de desemprego ou inactividade laboral.
Datas: do 07/05/2025 ao 17/06/2025
Horario: de luns a venres de 9:30 a 13:30 h.
Duración: 120 horas.
Modalidade: Presencial
Lugar: Casa da Cultura Pintor LLoréns, Sada
Se lle interesa, pode inscribirse neste Link
Máis información na Axencia de emprego e desenvolvemento local, no teléfono ou WhatsApp 620 765 150