CURSO BÁSICO DE PRL ESPECIALIDADE CONSTRUCIÓN/METAL, 60 h.
A Concellería de benestar social e igualdade e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de emprego e desenvolvemento local (AEDL) organiza no marco do Plan de Formación Municipal para o Emprego (FORME), un curso básico de Prevención de riscos laborais, especialidade CONSTRUCIÓN/METAL de 60 h. de duración, homologado pola Fundación Laboral da Construción/Metal.
Dirixido a persoas empadroadas en Sada (preferentemente)
CONTIDOS
Inclúe os seguintes módulos que se basan nos requisitos do catálogo de accións formativas da Consellería de Emprego (FCOXXX26)
Módulo 1: conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo
Módulo 2: riscos xerais e a súa prevención
Módulo 3: elementos básicos de xestión da prevención de riscos
Módulo 4: riscos específicos (no sector CONSTRUCIÓN/METAL) e a súa prevención
Modulo 5: primeiros auxilios
Datas: do 15/05/2025 ao 30/05/2025
Horario: de luns a venres de 9:00 a 14:00 h.
Duración: 60 horas.
Modalidade: Presencial
Prazas: 15
Lugar: Aula CeMIT, Praza da Peixaría, 5 - 15160 Sada
Se lle interesa, pode inscribirse neste ENLACE
Máis información na Axencia de emprego e desenvolvemento local, no teléfono ou WhatsApp 620 765 150
GRATUÍTO