Presentación Programa Empreamar 2019 - 2020 Sada

Presentación Programa Empreamar 2019 - 2020 Sada

EMPREAMAR é un programa formativo para o fomento do emprendemento orientado ao aproveitamento sostible dos recursos mariños materiais e inmateriais endóxenos do territorio do GALP Golfo Ártabro Sur, especificamente no entorno do Concello de Sada.

O programa brinda unha excelente oportunidade para avanzar cara un desenvolvemento sostible e social medioambiental. É un modelo no que a administración pública, as universidades, o sector privado e a sociedade civil traballan en conxunto en pro do desenvolvemento social, económico e medioambiental do territorio.

Ten como obxectivo a xeración de riqueza nas áreas costeiras, a través da posta en marcha de negocios sustentables e rendibles. A promoción do emprendemento faise en base ao aproveitamento dos recursos naturais mariño-costeiros.

 

Ten como aspectos diferenciais respecto doutros, os seguintes:

-   Implementación dun programa de reforzo de capacidades a decuado ás necesidades e demandas do territorio

-   Programa de transferencia no que se apoia aos emprendedores a identificar ideas de negocio e a analizar a viabilidade do produto desde unha perspectiva científico-técnica e sempre adaptada ao territorio

O carácter do Programa Empreamar é eminentemente formativo, implementado a través de accións de formación e acompañamento continuo ó/á emprendedor/a.

O programa costa de 4 fases:

1. Reforzo de capacidades

2. Identificación de ideas de negocio

3. Preincubadora

4. Avaliación

Programa promovido polo Concello de Sada coa financiación do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur, a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) da Unión Europea, ademais de coa colaboración de Campus do Mar.

Compartir