CURSO XESTIÓN DE ALMACÉN, PRL E MANIPULACIÓN DE CARGAS CON CARRETILLA ELEVADORA +45
A Concellería de benestar social e igualdade e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de emprego e desenvolvemento local (AEDL) colabora coa Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña na organización de formación dentro do Programa de emprego 45+, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Ministerio de Traballo e Economía Social e Cámaras de Comercio de España e da Coruña.
Dirixido a persoas que se atopen entre os 45 e 60 anos (inclusive) e que se atopen en situación de desemprego ou inactividade laboral.
CONTIDOS
1. OPERACIONES AUXILIARES DE ALMACENAXE, 20 h.
2. PREPARACIÓN DE PEDIDOS, 20 h.
3. CURSO BÁSICO PRL, 60 h.
4. OPERADOR DE CARRETILLAS ELEVADORAS, 20 h. (teórica 8 h.+ práctica 12 h.)
Datas: do 04/06/2025 ao 17/07/2025 (retrásase a data prevista de inicio do 21 de maio)
Horario: de luns a venres de 9:30 a 13:30 h.
Duración: 120 horas.
Modalidade: Presencial
Lugar: Aula CeMIT, Pz. Peixaría, 5, 15160 Sada
Se lle interesa, pode ler o programa e inscribirse neste Link
Máis información na Axencia de emprego e desenvolvemento local, no teléfono ou WhatsApp 620 765 150