SESIÓN GRUPAL: EMPRÉGATE: O SECTOR NAVAL

SESIÓN GRUPAL: EMPRÉGATE: O SECTOR NAVAL

As sesións grupais do Servizo Público de Emprego de Galicia son encontros informativos e de orientación laboral organizados pola Xunta de Galicia que poden tratar sobre diferentes oportunidades de emprego, formación ou servizos de busca de traballo, como as bolsas FEUGA ou a Oficina Virtual de Emprego. Para participar, debes ser demandante de emprego, estar en situación de alta no SPEG e, dependendo da sesión, cumprir uns requisitos específicos.

Consulta o portal EmpregoXunta para ver as datas e os temas das sesións grupais que se van a realizar.

O día 3 de decembro ás 12:00 horas Vigo Ship Repair informaranos das necesidades de contratación que existen no sector naval e dos perfís profesionais máis demandados a través de sesión online

As empresas participantes son as seguintes:

Montajes Cancelas

  • 12 postos de soldadores/as, caldereiros/as, tubeiros/as e mecánicos/as.

Chorro Naval

  • Entre 5 e 10 postos de Pintor/a industrial.

Regenasa

  • 30 postos de carpinteiros/as navais para traballos de habilitación naval e illamento.

Se estás interesado/a reserva a túa praza

Compartir