PROBAS LIBRES PRESENCIAIS PARA A OBTENCIÓN DO COMDIX -edición Febreiro (1/2026)
Convocatoria:
- Publicación no Diario Oficial de Galicia: venres, 16 de xaneiro
- Inicio do prazo de inscricións: luns, 19 de xaneiro, ás 00:01 horas
- Remate do prazo de inscricións: mércores, 28 de xaneiro, ás 23:59 horas
- Onde inscribirse: na web do CeMIT (https://cemit.xunta.gal)
- Soamente unha inscrición por persoa participante
- Unha vez rematado o prazo: Na última semana de xaneiro, sorteo, publicación na web da listaxe provisional e comunicación por correo electrónico as persoas participantes dos resultados
- Unha vez publicada a listaxe provisional: prazo de 10 días para renuncias e chamamento de reservas para cubrir as prazas das persoas que comuniquen a non asistencia; senón renuncian, son admitidos definitivamente sen posibilidade de renunciar despois sen ser penalizados (excepto xustificación documental)
Se ten calquera dúbida pode contactar co 620 765 150

