CURSO PARA PROFESIONAIS DO FOGAR

CURSO PARA PROFESIONAIS DO FOGAR

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Emprego do Concello de Sada, a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), organiza unha acción formativa dirixida á capacitación profesional no ámbito do fogar e dos coidados.

Esta formación ten como obxectivo mellorar a empregabilidade das persoas participantes, ofrecendo unha preparación práctica e adaptada ás necesidades reais das familias, tanto no coidado do fogar como na atención a persoas maiores e infancia.

________________________________________

Contidos da formación

O curso aborda as seguintes áreas fundamentais:

• Habilidades profesionais para o desempeño do traballo 

• Organización e xestión do fogar: limpeza, roupa e alimentación 

• Atención a persoas maiores 

• Atención á infancia 

• Primeiros auxilios no fogar 

Estes contidos permiten adquirir competencias prácticas e reais para o traballo diario no domicilio. 

________________________________________

Obxectivos

• Profesionalizar o traballo no ámbito do fogar 

• Mellorar a organización e a eficiencia no traballo 

• Desenvolver habilidades sociais e de comunicación 

• Facilitar o acceso ao mercado laboral 

________________________________________

Datos do curso

• Datas: De luns a xoves do 13 ao 23 de abril de 2026 

• Horario: de 9:30 a 13:30 h. 

• Duración: 35 horas presenciais 

• Lugar: Concello de Sada

 Imparte: Ayendo -ayuda en domicilios-

• Gratuito

________________________________________

Certificación

Ao remate do curso, as persoas participantes obterán:

• Certificado de Formación

• Certificado de Primeiros Auxilios 

A formación acredita coñecementos teóricos e prácticos no ámbito do fogar e dos coidados.

Inclúe acceso á bolsa de emprego de aedlsada.gal e Ayendo

Certificado válido e aceptado para procesos de arraigo por formación  -contribúe ao Informe de Esforzo de Integración-

________________________________________

Persoas destinatarias

• Persoas desempregadas 

• Persoas interesadas en traballar no fogar 

• Profesionais que desexen mellorar as súas competencias 

________________________________________

Máis información e inscrición

Nº prazas: 20. Selección por orde de inscrición

As persoas interesadas poden inscribirse a través deste enlace

Prazo: ata o xoves 9 de abril ás 09:00 h.

Pode descargar o programa aquí.

Ou contactar coa AEDL de Sada: 620 765 150 

 

Compartir