INTRODUCIÓN Á XESTIÓN ADMINISTRATIVA E FINANCEIRA DIXITAL +45
A Concellería de benestar social e igualdade e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de emprego e desenvolvemento local (AEDL) colabora coa Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña na organización de formación dentro do Programa de emprego 45+, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Ministerio de Traballo e Economía Social e Cámaras de Comercio de España e da Coruña.
Dirixido a persoas que se atopen entre os 45 e 60 anos (inclusive) e que se atopen en situación de desemprego ou inactividade laboral.
Obxectivo. Adquirir os coñecementos crave para traballar no ámbito administrativo e desenvolverte con certeza en contornas de oficina actuais.
Neste curso aprenderás a organizar documentación dixital, xestionar documentos habituais de empresa e comunicarche de forma profesional con clientes e provedores. Ademais, introduciraste no control básico de ingresos e gastos, o uso de follas de cálculo e os principais trámites dixitais, cada vez máis presentes no día a día laboral.
Unha formación práctica pensada para actualizar as túas competencias, mellorar a túa empregabilidade e abrirte a oportunidades en postos administrativos.
Contido:
1. A empresa e a súa organización
2. Documentos que circulan nunha empresa
3. Comunicación profesional
4. Control básico de ingresos e gastos
5. Trámites, empregabilidade e peche
Cambio de datas: do 11/05/2026 ao 18/06/2026 (días non lectivos 22/05 e 17/06)
Cambio de horario: de luns a venres de 9:00 a 13:30 h.
Duración: 120 horas.
Modalidade: Presencial
Lugar: Aula CeMIT Sada, Praza da Peixaría, 5 - Sada
Se lle interesa, pode ler o programa e inscribirse neste Link
Máis información na Axencia de emprego e desenvolvemento local, no teléfono ou WhatsApp 620 765 150

