Uso seguro do móbil: configuración e protección

Uso seguro do móbil: configuración e protección

A aula CeMIT de Sada, vai albergar o vindeiro xoves 14 de maio unha charla dedicada á ciberseguridade, ou sexa, ás metodoloxías e recursos que podemos aplicar no noso día a día para garantir a protección da nosa información (e da allea) e das nosas comunicacións.

A sesión, titulada Uso seguro do móbil: configuración e protección, desenvolverase en horario de 18:00 a 19:30 horas e é de carácter gratuíto. 

Duración: 1,5 horas. 

Modalidade: Presencial 

Lugar: Aula CeMIT Sada, Praza da Peixaría, 5 - Sada

As inscricións pódense formalizar na web da aula CeMIT de Sada

Compartir