Formación presencial e aula aberta en CeMIT Sada

Formación presencial e aula aberta en CeMIT Sada

A aula de referencia CeMIT Sada forma parte da Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica) de Galicia orientada á divulgación, alfabetización dixital e formación tecnolóxica gratuíta destinada a mellorar as competencias dixitais de toda a ciudadanía e aula abierta.

A formación organízase tanto a nivel presencial como en liña a través da plataforma de teleformación EMA.

1. Tipos de Formación Dispoñible

A formación está estruturada en función das necesidades das persoas usuarias en tres grandes áreas:

• Alfabetización dixital: Cursos básicos de informática, uso do rato, navegación segura por Internet ou manexo básico de teléfonos móbiles (Android/iOS).

• Capacitación dixital: Nivel medio-avanzado con ferramentas como ofimática (LibreOffice), administración electrónica, e emprego seguro da IA.

• Innovación social dixital: Robótica, deseño e impresión 3D, e talleres orientados ao emprego (como o deseño e posicionamento do currículo).

2. Formación en liña e Certificación Oficial (ComDix)

• Teleformación: Se prefires aprender desde a casa, podes acceder directamente á Plataforma de Teleformación da Red CeMIT para realizar cursos titorizados ou de autoformación. Unha Vez ao mes realízase o exame presencial EMA Teleformación.

• Certificación ComDix: A red CeMIT prepara e convoca regularmente as probas libres para a obtención da Certificación galega de competencias dixitais (ComDix) tanto no nivel Iniciación coma Intermedio.

A aula CeMIT serve ademais como centro de exame oficial para obter o certificado galego de competencias dixitais (ComDix), o cal acredita oficialmente os teus coñecementos tecnolóxicos a nivel privado e profesional segundo o marco europeo:

• Convocatorias libres: A Xunta abre de forma periódica prazos de inscrición para examinarse presencialmente dos niveis de Iniciación e Intermedio nas súas aulas asociadas.

• Cursos titorizados en liña: Tamén se convocan itinerarios de formación continua titorizada (de ata 250 horas) orientados especificamente a preparar e superar esta acreditación oficial.

3. Como rexistrarse na Aula de Referencia de Sada e inscribirse nas accións presenciais

O rexistro en aulas CeMIT faise neste enlace

Unha vez realizado o trámite, a inscrición ás accións formativas ou exames que se realizan en Sada faise na Aula CeMIT Sada

Se non, pode realizar a súa inscrición de luns a venres de 08:30 a 21:30 h.:

- chamando ao teléfono 981 97 72 65

- enviando e-mail a cemit.sada@xunta.gal

- de forma presencial, na aula, Praza da Peixaria, 5 - 15160 Sada

Compartir