Sesi贸n grupal: Inf贸rmate: Orientaci贸n laboral para persoas procedentes dun pa铆s estranxeiro
馃挕 Acabas de chegar a Galicia ou queres coñecer mellor os recursos dispoñibles para impulsar a túa inserción laboral? Esta sesión é para ti 馃憞
As sesións grupais do Servizo Público de Emprego de Galicia son encontros informativos e de orientación laboral organizados pola Xunta de Galicia que poden tratar sobre diferentes oportunidades de emprego, formación ou servizos de busca de traballo, como as bolsas FEUGA ou a Oficina Virtual de Emprego. Para participar, debes ser demandante de emprego, estar en situación de alta no SPEG e, dependendo da sesión, cumprir uns requisitos específicos.
Consulta o portal EmpregoXunta para ver as datas e os temas das sesións grupais que se van a realizar.
馃搮 O vindeiro 25 de setembro ás 12:00 h, as oficinas de emprego de Coruña Tornos, Coruña Centro, Coruña Monelos impartirán unha sesión grupal presencial para dar a coñecer os recursos e servizos que poden axudarche no teu proceso de integración e procura de emprego.
馃幆 Durante a sesión descubrirás recursos para a procura de emprego, oportunidades de formación, acreditacións profesionais e outras ferramentas útiles para avanzar no teu proxecto profesional en Galicia.

