Emprégate no sector de buques atuneiros

Emprégate no sector de buques atuneiros

💡 Buscas novas oportunidades laborais e gustaríache coñecer as posibilidades de emprego no sector dos buques atuneiros conxeladores? Esta sesión é para ti 👇

📅 O vindeiro 7 de outubro ás 12:00 h celebrarase unha sesión grupal online en colaboración con OPAGAC (Organización de Grandes Atuneiros Conxeladores), na que se presentarán diferentes oportunidades de emprego vinculadas á actividade dos buques atuneiros conxeladores.

🎯 Durante a sesión coñecerás os perfís profesionais máis demandados, as oportunidades laborais dispoñibles e as condicións de incorporación, da man de persoal de OPAGAC e de responsables de Recursos Humanos de diferentes empresas do sector.

Perfís demandados:

- Oficiais de máquinas

- Electricista e electromecánicos navais

- Engraxadores e perfís mecánicos

- Oficiais de ponte

- Mariñeiros/as

- Cociñeiros/as

- Soldadores/as

Requisitos:

- Valorarase a experiencia profesional en todos os perfís aínda que non é imprescindible.

- Nos postos de oficiais de ponte e oficiais de máquinas valorarase a formación marítimo-pesqueira.

👉 Se queres participar na sesión grupal, reserva a túa praza no seguinte enlace:

Compartir