PROGRAMA EMPREAMAR FORMACIÓN EMPRENDEMENTO MARIÑO

PROGRAMA EMPREAMAR FORMACIÓN EMPRENDEMENTO MARIÑO

O Concello de Sada está a por en marcha este mes de decembro a acción formativa do Programa de emprendemento mariño EMPREAMAR financiado polo GALP Golfo Ártabro Sur, o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e a Consellería do Mar.

Dirixida a persoas que teñan a idea de emprender unha actividade empresarial no ámbito mariño, pretende apoiar a éstas na fase de estudo, maduración e planificación da idea.

O seu obxectivo é a promoción do emprendemento en base ao aproveitamento dos recursos naturais mariño-costeiros materiais e inmateriais, endóxenos do terrirorio GALP Golfo Ártabro Sur e a xeración de riqueza nas áreas costeiras, a través da posta en marcha de negocios sustentables, rendibles e inclusivos. Mediante un programa de formación para e mellora das capacidades na ideación e posta en marcha de modelos de negocio a acción posta en marcha comprende:     

• O programa de formación teórico-práctica (32 horas) das cales 22 serán en formato presencial e 10 en formato asíncrono a través dunha plataforma dixital a disposición das persoas participantes a través de: 

- Análise de ideas e fases de deseño de modelos de negocio.

- Validación de modelos de negocio e análise da viabilidade a través de metodoloxías Lean

- Creación de modelos de negocio e mellora de habilidades a través de metodoloxías Design Thinking

          • Unha sesión participativa de unha mesa de emprendemento onde as persoas participantes podan coñecer a experiencia de outros emprendedores/as

    • Unha sesión de visita a empresas do ámbito mariño da rexión

    • Unha sesión de Outdoor training

   Horario do Programa de Formación  (do 17 ao 23 de decembro)

Xoves 17 de decembro: de 9.00 a 14.30 horas

Venres 18 de decembro: de 9.00 a 14.30 horas

Sábado 19 de decembro: de 10.00 a 12.00 horas (Visita a empresas de ámbito mariño da rexión)

Luns 21 de decembro: de 9.00 a 14.30 horas

Luns 21 de decembro: de 17.00 a 19.00 horas (Mesa de emprendemento en formato virtual)

Martes 22 de decembro: de 9.00 a 14.30 horas

Mércores 23 de decembro: de 9.00 a 14.30 horas

O resto da formación (10 horas) será en formato asíncrono a través dunha plataforma virtual onde os participantes completarán a súa formación con materiais, recursos complementarios e ferramentas prácticas que lles permitan afianzar os coñecementos e capacidades adquiridas.

Lugar: Salón de plenos Casa do Concello de Sada.

Se quere participar pode realizar a súa inscrición ata o 16 de decembro neste enlace

Para máis información da acción formativa ou do proceso de inscrición e participación na mesma, pode dirixirse á AEDL do Concello de Sada, enviar un correo electrónico ao enderezo aedl@sada.gal; ou chamar aos teléfonos n.º 620 765 150 881 929 057

Pode descargar o Díptico informativo

Compartir