Programa "VIVES EMPREGA SADA"

Programa "VIVES EMPREGA SADA"

Concello de Sada está a por en marcha en colaboración coa Fundación Acción contra a Fame  o programa "Vives Emprega Sada", para mellorar a empregabilidade e a volta ao mercado laboral de persoas en situación de desemprego. 

 

O obxectivo desta estratexia é facilitar o acceso a un posto de traballo a persoas en risco de exclusión a través de traballo en equipo e persoal para potenciar as súas competencias profesionais.

 

Vives Emprega Sada está destinado a: mozos e mozas desempregadas, persoas desempregadas de longa duración, con fillos e fillas a cargo, con discapacidade, migrantes, etc.

 

 Quen pode participar? Este proxecto é para ti si eres unha persoa …

·          En situación de desemprego e inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.

·          Se es veciño/a de Sada.

·          Queres comprometerte para atopar un emprego. 

·          Tes interese en coñecerte e descubrir o teu potencial.

·          Si che gusta traballar en equipo.

·          Tes dispoñibilidade de alomenos dúas mañás á semana.

·          Tes entre 18 e 60 anos de idade. 

 

Cómo funciona?

Cada Vives Emprega dura cuartro meses (setembro-decembro). Nese tempo, contarás co apoio e reforzo dun profesional que te axudará a mellorar nas túas competencias laborais mediante:

  • Sesións grupais (con dinámicas de grupo e formación). Estas sesións suman 8 horas semanais.
  • Unha sesión personalizada ao mes onde traballar nos teus obxectivos profesionais e como acadalos.
  • Asistencia a eventos profesionais e foros de emprego que che permitirán aumentar rede de contactos.
  • Participar en obradoiros e encontros con empresas reais que te achegarán ao mercado laboral.

 

Como podo apuntarme?

Cubrindo un formulario neste ENLACE

Contactando co técnico Alejandro Martín no teléfono 682.700.162 ou enviando un correo a amartinlopez@accioncontraelhambre.org

Compartir