O Concello de Sada colabora con “ Change Makers” achegando a Economía Circular a Galicia e Asturias

O Concello de Sada colabora con “ Change Makers” achegando a Economía Circular a Galicia e Asturias

O  Concello de Sada colabora con Fundación Equipo Humano a través do Programa empleaverde da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico no proxecto “Change  Makers”, que conta co cofinanciamento do Fondo Social Europeo e ten a finalidade de contribuír á mellora da empregabilidade  no ámbito ambiental.

 

Change Makers organizarase en 8 edicións distribuídas entre Galicia e Asturias, co obxectivo de formar a 82 “Changers” (10-12 participantes por edición). O programa conta cunha parte de formación de 60  h.  de duración que combina as metodoloxías Visual  Thinking, Lean Startup e a aprendizaxe colaborativa por proxectos, co obxecto de dotar ás persoas participantes dun coñecemento avanzado sobre as oportunidades e a implantación da Economía Circular.

 

A orientación e intermediación  laboral son a outra pata do proxecto que ten como obxectivo facilitar a inserción laboral das persoas participantes en empresas e organizacións concienciadas co desenvolvemento sostible.

 

Co obxectivo de adaptarse ás condicións actuais derivadas do  COVID-19, o programa realizarase en liña, sendo Nicola  Cerantola, recoñecido experto en Economía Circular e creador da ferramenta  EcoCanvas, a peza central do equipo de profesionais e formadores do mesmo.

 

As persoas que tras a formación adquiran a denominación de CHANGE MAKER, terán como “misión” ser axentes activos de cambio, para que desde as empresas nas que traballen, axuden a deseñar e xestionar alternativas viables para o futuro da economía, do planeta e da nosa sociedade.

 

O  Concello de Sada, no seu afán de mellorar a empregabilidade da súa veciñanza, así como á hora de fomentar o desenvolvemento sostible do territorio, é socio colaborador no proxecto.

 

Non o penses máis, únete a nós e preinscríbete a través da web www.soychangemaker.com Para ser candidato/a, é requisito básico residir en Galicia, e estar desempregado/a e rexistrado/a na oficina de emprego.

 

O proxecto “Change  Makers” é unha Acción gratuíta cofinanciada polo FSE para conseguir formación e un emprego de calidade. 

 

CONTACTO

             David López  Bao

             Fundación Equipo Humano

             welcome@soychangemaker.com

             670263204

             www.soychangemaker.com

Compartir