OBRADOIRO "IDEAS COOPERATIVAS EN ACCIÓN"

OBRADOIRO "IDEAS COOPERATIVAS EN ACCIÓN"

A Concellería de Promoción económica, Turismo e Emprego do Concello de Sada no marco da programación de actividades da Rede Eusumo está a realizar dende a Axencia de emprego e desenvolvemento local un itinerario para o fomento do cooperativismo e da Economía Social, formado por catro obradoiros incluídos no baremo de marisqueo da Consellería do Mar cunha puntuación de 0,40 puntos cada un, en colaboración coa Unión de Cooperativas Espazocoop e a Consellería de Economía, Emprego e Industria - Xunta de Galicia - F.S.E.

Dirixido a persoas emprendedoras, grupos promotores de cooperativas e a persoas interesadas en xeral.

Estes obradoiros teñen unha duración de 20 h. cada un, son gratuítos para o alumnado, e as datas previstas do cuarto obradoiro a realizar de luns a venres en horario de 9:30 a 14:30 horas é:

- Ideas Cooperativas en acción | 7, 8, 9 y 10 de xullo do 2020 | cartel e programa

Se lle interesa asistir ao obradoiro que se van a realizar no Salón de Plenos de Sada, pode cubrir o seguinte formulario: INSCRÍBASE PREMENDO AQUÍ, ou chame á Axencia de emprego e desenvolvemento local ao teléfono 620 765 150

Compartir