PROGRAMA MULLERES DIXITAIS

PROGRAMA MULLERES DIXITAIS

A Concellería de promoción económica, turismo e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) en colaboración coa Consellería de Emprego e Igualdade está a por en marcha o programa “Muller Rural 2022-2023” que ten por obxectivo formar a mulleres desempregadas ou en mellora de emprego, inscritas en Emprego Xunta, que residan preferentemente en Sada en accións formativas para a adquisición de competencia dixital. 

Un segundo obxectivo do programa é dotar ás participantes dun terminal dixital ao finalizar a formación; nesta caso, unha tablet con teclado externo. 

As especialidades formativas son:

 - FCOI01MRR Competencias dixitais básicas. 40 h.

 - FCOI02MRR Competencias dixitais avanzadas. 40 h.

 - FCOI08 Iniciación ás competencias dixitais básicas para o emprendemento. 40 h.

En tódolos programas é obrigatoria a realización do Módulo Transversal FCOXXX21 Formación para a igualdade, excepto aquelas alumnas exentas por xa telo cursado. 5 horas.

A proba de nivel para o acceso á formación realizarase o 26/10/2022 ás 11:00 h. No auditorio da Casa da Cultura Pintor LLoréns.

Inicio de accións o 7 de novembro

Horario de mañá de 9:30 a 13:30 h ou de tarde de 16:30 a 20:30 h

Máis información na páxina de Mulleres dixitais ou no móbil 621.18.08.98

 

Compartir