HABILIDADES E COMPETENCIAS PARA O EMPRENDEMENTO
A Concellería de benestar social e igualdade e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de emprego e desenvolvemento local (AEDL) colabora coa Fundación Mujeres na organización do itinerario formativo para a creación de empresas, con un curso de habilidades e competencias para o emprendemento, dirigido a mulleres cunha idea de negocio.
Se queres asistir ao módulo de Educación Financeira (Sesións do 14, 15, 21 e 22 de xullo, de 9:30 a 13:30 h.) so tés que inscribirte.
PROGRAMA EFECTO EMPREGA SADA
O Concello de Sada en colaboración coa Fundación Acción Contra a Fame está a realizar a captación de participantes para o programa Efecto Emprega Sada que se desenvove no segundo semestre de 2026, co obxectivo xeral de mellorar as posibilidades de inserción sociolaboral das persoas en risco de exclusión participantes xerando condicións para que desenvolvan o seu talento e iniciativa e poidan acceder ao mercado de traballo ou mellorar o seu posicionamento no mesmo.
BOLETÍN DE EMPREGO DO 15 AO 21 DE XUÑO DE 2026
Acceda ao Boletín de Emprego da Axencia de emprego e desenvolvemento local (AEDL) do Concello de Sada que contén información de emprego, formación e emprendemento.
CHARLA DE FINANZAS PARA MORTAIS
Gustaríache aprender a xestionar mellor o teu diñeiro, evitar erros financeiros e protexer os teus aforros fronte a posibles fraudes?
Invitámoste a participar na charla “Finanzas para Mortais”, na que colabora a Concellaría de Benestar Social e Igualdade e Emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), que é un recoñecido proxecto de educación financeira que conta co apoio e mecenado de Banco Santander. A formación é impartida por un voluntario do Banco Santander, co obxectivo de achegar os coñecementos económicos e financeiros básicos á cidadanía.
XORNADA PESCA SAÚDE
O Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local de Sada colabora na organización da xornada que se enmarca no Proxecto Pesca Saúde, impulsado polo GALP Golfo Ártabro Sur en cooperación con outros Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro de Galicia e financiado polo FEMPA e a Consellería do Mar.
Obxectivo: divulgar, de maneira clara e rigorosa, os beneficios do consumo de peixe, marisco e outras especies mariñas de proximidade en diferentes ámbitos da saúde, desmontando mitos e achegando evidencias científicas actualizadas.
Modalidade Presencial.
Curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, 370 h.
A Concellería de benestar social e igualdade e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de emprego e desenvolvemento local (AEDL) organiza no marco do Plan de Formación Municipal para o Emprego (FORME) un curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, de 370 h. de duración, na modalidade de teleformación, para realizar a acreditación das competencias profesionais de cara a súa inserción ou mellora laboral neste sector.






