Curso de lingua galega +45

Curso de lingua galega +45

A Concellería de benestar social e igualdade e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) colabora coa Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña na organización da formación dentro do Programa de emprego 45+, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e Cámaras de Comercio de España.

Dirixido a persoas que se atopen entre os 45 e 60 anos cumpridos e en situación de desemprego ou inactividade laboral.

Datas: do 24/04/2024 ao 06/06/2024

Horario: De luns a venres de 9:30 a 13:30 h.

Duración: 120 horas. 

Modalidade: Presencial
 
Imparte: Innova Idiomas
 
Lugar: Casa de la Cultura Pintor Lloréns - 15160 Sada
 
Se lle interesa, pode ler o programa e inscribirse neste Link
 
O docente empezará por un nivel acorde ao do grupo e irá subindo para que vaian preparadas ao exame Celga, as persoas que se anoten.
 
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia convoca probas para a obtención dos certificados de lingua galega, dos niveis Celga 1, 2, 3 e 4.
Poderán presentarse todas as persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada en maio e xuño de 2024. As datas concretas publicaranse no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O prazo de presentación de solicitudes é ata o 5 de abril de 2024 a través da sede da Xunta.
 
Máis información na AEDL no teléfono ou WhatsApp 620 765 150

 

Compartir