Obradoiros Proxecto IniciaTIC: "Ferramentas de comunicación e xestión" e "Ciberseguridade"

Obradoiros Proxecto IniciaTIC: "Ferramentas de comunicación e xestión" e "Ciberseguridade"

No marco do convenio de colaboración suscrito entre o Concello de Sada e a Fundación Cibervoluntarios  para o desenvolvemento de programas, proxectos e actividades, tanto presenciais como on-line, que teñan por obxecto impulsar a transformación dixital a nível persoal, social, laboral e cultural; promover entre a cidadanía o uso de ferramentas tecnolóxicas para fomentar a súa participación na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible; fomentar o emprendemento social e o voluntariado tecnolóxico; así como apoiar a consecución dos obxectivos compartidos entre ambas organizacións.

A Concellería de Educación, Xuventude, Emprego e Desenvolvemento do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios con quen asinou o Concello de Sada un convenio de colaboración,  organiza distintas accións formativas no marco do proxecto IniciaTIC.

Os obradoiros previstos son:

Setembro

- Administración electrónica Nivel 1. 20/09/22 de 18:00 a 19:30 horas

- Administración electrónica Nivel 2. 22/09/22 de 18:00 a 19:30 horas

Voluntario: José Benigno Troca García

 

Outubro:

- Comercio electrónico (ecommerce) Nivel 1 e 2: 26/10/22 de 16:00 a 19:00 horas

(Reprogramado para o 03/11/2022)

Voluntario: Iago Urgorri Serantes

 

Novembro:

- Marketing dixital Nivel 1 e 2: 23/11/22 de 16:00 a 19:00 horas

Voluntario: Iago Urgorri Serantes

 

Decembro:

- Ferramentas de comunicación e xestión e Ciberseguridade: 15/12/2022 de 16:00 a 20:00 horas

- Marketing dixital Nivel 2: 20/12/22 de 16:30 a 18:30 horas

Voluntario: Iago Urgorri Serantes

Para inscribirse aos obradoiros pode cubrir este FORMULARIO ou chamar ao teléfono 620 765 150

GRATUITO

Compartir