Obradoiro MullerTIC
No marco do convenio de colaboración suscrito entre o Concello de Sada e a Fundación Cibervoluntarios para o desenvolvemento de programas, proxectos e actividades, tanto presenciais como on-line, que teñan por obxecto impulsar a transformación dixital a nível persoal, social, laboral e cultural; promover entre a cidadanía o uso de ferramentas tecnolóxicas para fomentar a súa participación na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible; fomentar o emprendemento social e o voluntariado tecnolóxico; así como apoiar a consecución dos obxectivos compartidos entre ambas organización.
A Concellería de benestar social e igualdade e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios organiza o Obradoiro MullerTIC na aula CeMIT.
A formación é presencial repartida en 2 obradoiros de 1,5 h. de duración cada un:
- Ferramentas dixitais para a procura de emprego
Programación: 05/03/2024 de 10:00 a 11:30 h.
- Ferramentas dixitais para o emprendemento
Programación: 05/03/2024 de 11:30 a 13:00 h.
Lugar: Aula CeMIT do Concello de Sada, Praza da Pescadería, 5
Prazas limitadas: 15
Voluntaria: Laura Castro
Máis información na AEDL ou no 620.765.150
Inscripción neste ENLACE
GRATUITO!