Conclusións do estudo de oportunidades de negocio do Programa Empreamar

Conclusións do estudo de oportunidades de negocio do Programa Empreamar

 Conclusións
Unha vez identificados os retos da zona, as oportunidades que ofrece o sector pesqueiro e os recursos  dispoñibles, as liñas de actuación recomendadas son as seguintes:


●    Fomentar a posta en marcha de iniciativas innovadoras que poñan en valor o turismo mariñeiro:


○    Mellorar a empregabilidade e as oportunidades de emprego e autoemprego


●    Recuperar e poñer en valor o patrimonio marítimo-costeiro


○    Consolidar a cadea de valor do sector pesqueiro local


○    Incrementar o valor engadido dos produtos do mar de maneira diferencial e sostible


○    Promover un consumo responsable e de base local sostible


●    Reforzo da identidade territorial, a proxección internacional e a dinamización social e turística


○    Traballar no recoñecemento social, igualdade e empoderamento da comunidade


●    Fomentar a sostenibilidade ambiental, económica e social e, a inclusión


○    Converter o  concello nun referente de turismo ambiental, mariñeiro, deportivo, accesible, inclusivo e sustentable


As recomendacións extraidas son:


1.    Coworking na lonxa: crear un espazo de cooperación e innovación ao redor do edificio da lonxa para os novos modelos de negocio relacionados co sector mariño.


2.    Crear unha Preincubadora: enfocado a esas persoas que queiran emprender con formación específicas, a través dun itinerario baseado no Desing Thinking.


3.    Impulso dunha Aceleradora cun servizo de mentorización de proxectos.


4.    Implementar unha Plataforma de Innovación aberta e online: onde se poidan presentar proxectos e xerar sinerxias entre as persoas residentes en Sada, mediante concursos de ideas e xeración de redes.

Anexo Estudo de Identificación de Oportunidades de Negocio - Sada

Compartir